A música é unha das expresión artísticas máis significativas do ser humano. Xa no Paleolítico, o Homo Sapiens e o Neanderthal foron quen de apreciar a música da natureza e crear os seus propios sons e instrumentos musicais. Neste obradoiro explicaremos a importancia cultural e os usos que puido ter a música na prehistoria. Descubriremos xuntos os distintos tipos de instrumentos que empregaban e experimentaremos con eles. Ademais construiremos varios instrumentos musicais prehistóricos e remataremos facendo as nosas propias melodías e a nosa orquestra paleolítica.

Contidos

• Tipoloxía dos instrumentos prehistóricos: aerófonos, idiófonos, membranófonos, cordófonos (vento, percusión, corda).
• Experimentación con diversos instrumentos prehistóricos.
• Construción dun pao de chuvia
• Elaboración de frautas de cana e asubíos
• Elaboración de paus maracas e axóuxeres.
• Elaboración de idiófonos con ósos, cunchas e paus.
• O tambor chamánico.

Obxectivos

• Desenvolver as capacidades musicais.
• Incentivar á escoita participante.
• Sensibilizar aos/ás asistentes sobre a pegada ecolóxica da especie humana.
• Desenvolver as capacidades artísticas, a imaxinación e a creatividade.

Datos de interese

Duración: 1 hora e media
Dificultade: Baixa
Prezo: 50€ por grupo
Grupos: máximo 15 persoas
Idade mínima: 5 anos

Importante

Non se realizan obradoiros por separado, xa que deben estar contextualizados coa visita guiada.