O Roteiro do parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras articula nun itinerario cultural unha serie de elementos patrimoniais de alto carácter didáctico para coñecer os usos, funcións e ocupacións dos montes galegos ao longo da historia. Neste percorrido, ademais da aldea prehistórica, visitaremos diferentes petróglifos, antigas canteiras onde coñecer o oficio dos canteiros, elementos etnográficos relacionados coa agricultura, como son os Pozos Dulces, as levadas de regadío ou varias fontes, así como arboredos e espazos naturais e forestais recuperados e restaurados.

Datos de interese

Duración: 1 hora e media
Dificultade: Baixa
Prezo: 150€ por grupo
Grupos: máximo 50 persoas