A posta en marcha do programa formativo corre a cargo da empresa Ab Origine. Antropoloxía, produción e xestión cultural SLL.

Ab Origine. Antropoloxía, produción e xestión cultural SLL é unha empresa que ofrece servizos integrais en antropoloxía, produción e xestión cultural. Ab Origine supón a consumación dun proxecto que aglutina profesionais da antropoloxía, da educación, da xestión empresarial, da promoción turística, da produción editorial e da creación audiovisual. Un equipo multidisciplinar co obxectivo común de achegar á sociedade unha oferta integral de servizos ligados ao campo da antropoloxía e da cultura. O noso equipo conta cunha dilatada e contrastada experiencia nos eidos da investigación antropolóxica, etnográfica e histórica, na formación e divulgación, na posta en valor do patrimonio, na creación e xestión de contidos e produtos culturais, e no traballo con entidades de carácter social e cultural.