O programa didáctico-cultural que se presenta nesta páxina está especialmente pensado e deseñado para que os participantes poidan achegarse a algúns dos aspectos máis significativos das culturas prehistóricas que se desenvolveron en Galicia. Un xeito de aproximación ao coñecemento que queremos que sexa lúdico e participativo á vez que didáctico e enriquecedor. Os contidos destes programa baséanse nos coñecementos antropolóxicos, arqueolóxicos e históricos que temos daquelas primeiras sociedades humanas do Neolítico, Calcolítico e Idade do bronce, aínda que adaptados ás diferentes idades dos participantes e buscando sempre unha vía dinámica, participativa e divertida de aprender e aprehender estes coñecementos.
As actividades están orientadas ao alumnado de todos os ciclos educativos, dende infantil ata bacharelato, incluíndo tamén ciclos de educación especial, formación profesional e educación de persoas adultas. E son de tres tipos: visitas guiadas, roteiros culturais pola contorna e obradoiros.
Obxectivos didácticos
Datos de interese
Visitas guiadas:
Prezo: 150€ por grupo
Grupos: máximo 50 persoas
Obradoiros:
Prezo: 50€ por grupo
Grupos: máximo 15 persoas
Idade mínima: 5 anos