As visitas guiadas teñen a intención de dar a coñecer a historia e os modos de vida das sociedades agrícolas que habitaron Salcedo e Galicia no Neolítoco, o Calcolítico e a Idade do Bronce. A partir dunha serie de percorridos por fitos que inclúen estacións de arte rupestre e outras estructuras históricas e conteporáneas, técese un discurso didáctico que busca ser riguroso ao tempo que entretido e axeitado ás idades dos diferentes públicos que desexen visitar o Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras.
Ofrecemos unha serie de roteiros que van desde uns máis sinxelos e curtos ata outros máis específicos e de longa duración e que cobren todos eles aspectos ligados ao patrimonio material e inmaterial sitos no Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras.
Datos de interese
Prezo: 150€ por grupo e roteiro
Grupos: máximo 50 persoas