A visita interpretada á aldea prehistórica servirá para achegarlles aos participantes os xeitos de vida das sociedades agrícolas do Neolítico, do Calcolítico e da Idade do Bronce. Visitaremos as diferentes construcións da aldea e en cada unha delas iremos explicando un aspecto salientable da cultura e da organización destas sociedades humanas da nosa prehistoria.

Grazas á visita ao Parque Etnoarqueolóxico o visitante poderá entender a paisaxe natural e as culturas dos primeiros poboadores da Galicia e darémoslle a coñecer parte do legado arqueolóxico deixado por estas comunidades prehistóricas que habitaron o noso territorio, así como o patrimonio inmaterial construído ao longo do tempo ao redor destes elementos patrimoniais. Xa que logo, ofrecemos unha ferramenta didáctica para valorar e coñecer o noso patrimonio cultural.

Datos de interese

Duración: 1 hora e media
Dificultade: Baixa
Prezo: 150€ por grupo
Grupos: máximo 50 persoas