O roteiro conta con aproximadamente unha trintena de elementos de gran relevancia etnoarqueolóxica que fan que camiñar por esta zona sempre sexa un gran pracer e unha forma interesante de coñecer a nosa historia e o noso patrimonio. Na ruta, que transcorre polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, atoparemos xacementos arqueolóxicos como os petróglifos do Pornedo ou do Outeiro das Mouras, entre outros, así como diferentes mámoas (a de Sete Camiños ou a do Catadoiro) e un valioso entorno natural de grande beleza paisaxística e panorámica. Ademais de todos estes elementos patrimoniais, tamén teremos a oportunidade de nos achegar ao patrimonio inmaterial e as lendas que atesoura este espazo.

Datos de interese

Duración: 4 horas
Dificultade: Media-baixa
Prezo: 150€ por grupo
Grupos: máximo 50 persoas