Paso 1
Para chegar ao Parque Etnográfico do Outeiro das Mouras dende Pontevedra ou arredores hai que chegar á Praza de Compostela, ao pé da N-550.
Paso 2
Nesta rotonda hai que coller o desvio cara á Av. Eduardo Campoamor, e seguir nesta estrada (PO-0012) que cruza Salcedo uns 4,5 km ata atopar unhas indicacións a man dereita que poñen CAMPO DE FUTBOL (en cor laranxa), SAN XULIAN, MARIN (EP-OO19).
Paso 3
Collemos dirección campo de futbol, ata chegar ao lugar da Armada onde, nun cruzamento, atopamos outra indicación do Campo de Futbol e xusto a man esquerda temos unha nova estrada que colleremos e nos levará bordeando o recinto da Brilat ata a pista de terra que dá acceso ao monte comunal de Salcedo e ao parque Etnoarqueolóxico.
Paso 4
No comezo desta pista, xusto na esquina do recinto militar, son visibles dous paneis: un de entrada no Espazo arqueolóxico e natural dos Sete Camiños e outro da Comunidade de Montes de San Martiño de Salcedo, propietaria destes espazos.
Paso 5
Unha vez nesta pista, continuamos uns 500 metros e atoparemos unha grande explanada onde aparcar os coches para, dende aí, proseguir a pé ata a aldea prehistórica.