Neste obradoiro resaltaremos a importancia que tivo a invención da cerámica para as sociedades humanas da prehistoria e explicaráselles como era o modo de vida durante o Neolítico. O obxectivo final deste obradoiro é que os participantes aprendan as fases de elaboración da cerámica e que teñan a oportunidade de deseñar e fabricar os seus propios cacharros cerámicos, así como esculturas e tablillas de escritura ou gravado.
Contidos
• Elaboración de cacharros de cerámica
• Decoración incisiva
• Modelado de escultura prehistóricas
• Elaboración de tablillas de barro para escritura o gravado
Obxectivo
• Achegarlle aos participantes a prehistoria galega
• Espertar o interese dos/as participantes pola investigación da súa propia cultura e historia
• Sensibilizar sobre o valor e a importancia da conservación do patrimonio
• Desenvolver as capacidades artísticas, a imaxinación e a creatividade
Datos de interese
Duración: 1 hora e media
Dificultade: Baixa
Prezo: 50€ por grupo
Grupos: máximo 15 persoas
Idade mínima: 5 anos
Importante
Non se realizan obradoiros por separado, xa que deben estar contextualizados coa visita guiada