Este obradoiro pretende experimentar de forma directa algúns dos aspectos das sociedades paleolíticas e neolíticas máis relacionados coa supervivencia. Daráselle unha breve explicación de como era o xeito de vida das sociedades de cazadores-recolledores do Paleolítico e do Neolítico, amosaráselles dun xeito didáctico e adaptado ás súas idades os principios básicos da elaboración de ferramentas líticas e da fabricación de armas e experimentarán co seu manexo. Ademais poderán realizar pinturas rupestres con pigmentos naturais elaborados por eles mesmos e veremos, tamén, os métodos prehistóricos para a realización de lume e os xeitos de iluminación.

Contidos

• Uso e elaboración de ferramentas e armas paleolíticas.
• Produción de lume e sistemas de iluminación.
• Elaboración de pigmentos e pinturas rupestres.

Obxectivos

• Achegarlle aos participantes unha visión xeral da prehistoria galega.
• Coñecer e experimentar de forma práctica as formas de vida do pasado.
• Desenvolver as capacidades artísticas, a imaxinación e a creatividade.
• Sensibilizar sobre o valor e a importancia da conservación do patrimonio.

Datos de interese

Duración: 1 hora e media
Dificultade: Baixa
Prezo: 50€ por grupo
Grupos: máximo 15 persoas
Idade mínima: 5 anos

Importante

Non se realizan obradoiros por separado, xa que deben estar contextualizados coa visita guiada.